Agua seca como solución al cambio climático

Agua seca es como llaman a una sustancia hecha a base de agua y sílice. Se trata de un líquido que no moja. El invento, también llamado agua de polvo,  se patentó en 1968 y ahora se ha pensado que puede ser útil para abserber los gases contaminantes responsables del efecto invernadero y combatir así el cambio climático. En realidad, los recientes experimentos han demostrado que el agua seca puede absorber todo tipo de gases. Este agua en polvo tendría la capacidad de absorber y almacenar grandes cantidades de dióxido de carbono que ahora contaminan la atmósfera. Aunque no paran ahí sus prestaciones, y es que también puede usarse para transportar mercancías peligrosas y en múltiples productos de limpieza.

La nueva ola de experimentos con agua seca se ha presentado en un reunión celebrada por la Sociedad Americana de Química, en Boston, Massachusets.

Más información: Artículo de “El país”

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Solucións ó cambio climático

Observade asdiapositivas e contestade

Cantas das seguintes medidas levades a cabo na actualidade?

Comprometeríadevos a cumprir algunha delas?

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Ozzy Ozono

Mira este video e responde as preguntas…


Que é a capa de Ozono?

Que substancias danan a capa de Ozono?

Que podemos facer para que esto non suceda?

Publicado en Cambio climático, Contaminación | Deixa un comentario

Proxecto Calíope

O proxecto CALIOPE é un proxecto financiado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, co principal obxectivo de desenvolver un sistema de modelización da calidade do aire operativo para España que proporcione un servizo de prognóstico da calidade do aire con elevada resolución espacial para a Península Ibérica, Illas Baleares e Illas Canarias con anidamientos en áreas urbanas con moi alta resolución.

Observando os datos proporcionados por Caliope respondede:

a) Que cidades Españolas son as que presentan unha peor calidade do aire? e que cidades galegas?

b) A que horas aparecen os niveis máis elevados?

c) Cales son os gases ou partículas cos valores máis elevados?

d) Que consecuencias poden ter ditos valores na saúde humana?

e) Que procesos poden incrementarse no medio ambiente?

Publicado en Cambio climático, Contaminación | Deixa un comentario

A Calidade do aire

Ide á seguinte dirección:    Calidade do aire Galicia, e buscade os datos correspondentes para o día de hoxe en Compostela, nos diferentes puntos de medida.

Tratade de interpretar que representan as Táboas, se estes datos son de emisión ou de  inmisión, e o que siñifica cada unha das siglas CO, NOx.. Tamén podedes buscar se están dentro da lexislación ou non:
a) Que representan as táboas?
b) Que siñifican as siglas que nel aparecen?
c) Consideras que están dentro da lexislación  vixente ou  infrinxen a normativa?

Publicado en Cambio climático, Contaminación | Etiquetado , | Deixa un comentario

Os fenómenos de “O neno” e “A nena”

Os expertos aseguran que o fenómeno “La Niña”, é responsable dos centos de mortes e vítimas que deixaron as enchentes devastadoras no Brasil, Australia, Colombia, Sri Lanka e Filipinas. Este patrón climático que ocorre no Océano Pacífico, e o fenómeno de “El Niño”, son debidos a un cambio na forza e na circulación dos ventos e a temperatura das correntes oceánicas, que á súa vez pode levar a períodos de choivas intensas ou secas. Neste vídeo da BBC World podedes ver como ocorren ambos fenómenos.

Publicado en Catástrofes naturais, Riscos, Sen categorizar | Etiquetado , | Deixa un comentario

O ano 2010 foi o máis cálido dos que hai rexistro

Segundo publica o diario “El país” hoxe, día 19 de xaneiro, o ano 2010 foi, en 2005 o máis quente desde 1880, cando comezaron os rexistros de temperatura. Así o afirmán dous centros de Estados Unidos, un deles, a NASA, que apunta para o cambio climático. “Se a tendencia de quencemento continua, como é esperable, se seguen a aumentar os gases de efecto invernadoiro, a marca de 2010 non durará moito tempo”, dixo nunha declaración James Hansen, director do Instituto Goddard para Estudos Espaciais da NASA e un dos científicos máis vehementes sobre o cambio climático.

Publicado en Cambio climático | Etiquetado , | Deixa un comentario

As ameazas contra o clima

Neste programa de Redes, Eduard Punset, xunto con Mario Molina, premio Nóbel de química, analizan as principais ameazas para o futuro do planeta, e o papel da sociedade na evolución do clima. Deixo o enlace ó programa.

Elaborade un documento, no que reflictades os puntos máis importantes tratados no programa acerca das principais ameazas para o fututo do planeta por unha banda, e as vosas suxerencias para que a situación actual non empeore

Publicado en Cambio climático | Deixa un comentario

Sobre os post que enviades

Bos días a tod@s.

Revisade os vosos post se vedes que non son publicados, xa que nalgún caso fixen algunha suxerencia de cambios necesarios para ser acaptados.

Sandra

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

O CO2 como recurso na industria

O CO2, un dos gases implicados na produción do chamado “Efecto invernadoiro“, podería ser reutilizado industrialmente de cara á minimizar os seus efectos no cambio climático.

O director xeral de Medio Ambiente da Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación doTerritorio da Comunidade de Madrid, Federico Ramos, e o director xeral da Fundación Gas Natural, Pedro Fábregas, inauguraron en Madrid o seminario de xestión ambiental “El CO2 como recurso: la captación, almacenaje y reutilización del dióxido de carbono

Publicado en Cambio climático | Etiquetado , , | Deixa un comentario